Outra Vez Gadis
Algunhas veces é preciso loar o bo facer de certas empresas coma Gadís. Despois do belísimo anuncio de "vivir coma galegos", fai pública esta outra pérula para a Cultura Galega. ¡Un aturuxo para Gadis! ¡Noraboa! Asi se fai Galicia.
Gadis distribuirá 20.000 exemplares de «Santa Matriusca» para celebrar o Día das Letras Galegas
Autor: Camilo Franco
Data de publicación: 9/5/2008 (La Voz deGalicia)
Segundo o director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray, a iniciativa deste ano supón «duplicar o número de libros» que van distribuír nos supermercados do grupo. Para o representante da empresa, estas accións de apoio á cultura do país están enmarcadas noutras que se desenvolven ao longo do ano, como nos Premios Mestre Mateo ou María Casares ou o respaldo a festivais como Curtocircuíto.
Na presentación desta campaña participaron tamén Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do escritor homenaxeado, quen asegurou que utilizar un «soporte como as bolsas do supermercado é unha iniciativa que liga ben co espírito de moitas das cousas que fixo [seu] pai para levar a cultura á xente». Álvarez Cáccamo explicou que iniciativas como esta «deberían ser imitadas por outras empresas galegas».
O poeta repasou no acto de presentación algunhas circunstancias da obra do seu pai e explicou o motivo de ter escollido un poema como A cometa para ser publicado nas bolsas. «A lixeireza do poema encaixa co soporte e tamén porque é optimista e lembra a infancia».
Iría López Teixeiro, premio Biblos para escritores novos, falou da novela que Gadis distribuirá gratuitamente a partir do día 16. Santa Matriusca nace dunha suposta milagre e da investigación que por aclarala fai un garda xurado con aspiracións de detective. A escritora comentou que é «unha novela na que hai moitos personaxes e moitas historias que están colocadas unhas dentro doutras, como ocorre coas bonecas rusas». Tamén dixo que haberá outra edición da obra na colección Mandaio de Biblos coa colaboración de concellos de toda Galicia.

Chúzao
del.icio.us