Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

28/04/2008 GMT 1

Cantigas antigas

alejandrofr @ 12:49

 Ao mar fun por laranxas,

cousa que as augas non teñen,

viñen todo molladiño,

de ondas que van e veñen.

Teño unha nena en Ourense,

 e outra no Riveiro da Avia,

se a de Ourense é boa moza,

a do Riveiro xa gaña.

O cantar do Arrieiro,

é un cantar moi baixiño,

cántase en Rivadabia,

e síntese no Carballiño.

Non quero zapatos altos,

que se me espetan na area,

non quero amores de lonxe,

que os teño na miña aldea.

Mariaca se vas ao río,

ao río de lavar,

non torzas a roupa, Marica,

que a podes rachar.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis