Proxecto Entroido 2.008
Entroido 2.008
C.E.I.P. “Ponte dos Brozos”- Arteixo
Nivel: SEXTO (A, B, C, D, E): 127 alumnas/os
Titores: María Jesús, Mercedes, Patricia, Jesús e Ramón
Especialistas: José A. Mera, Carmen Freire, Amelia, Mónica, Mª Luz, Maica, Rosa, Elena
Data: 1-2-2.008 (despois do recreo)
Programa:
a) Lectura do pregón (pensado, escrito e lido por case todas e todos)
b) Desfile de disfraces (os mellores á redonda)
c) Veredicto do Xurado (inapelabel)
d) Entrega dos premios (todos bos)

Escenario: Montaremos a pasarela diante da aula de SEXTO “C”. Está no medio e xa sabemos que os do medio sempre estorban. A devandita aula servirá como camerino común para todos e todas que cambien de imaxe.
Tentaremos estar sentados para non molestar. Polo medio da xente quedará un corredor para poder circular. Na entrada da nosa zona haberá dous gardas moi severos con armas de fogo para pedir invitacións, contrasinais e impedir que entren xentes ou suxeitos doutras galaxias (tipo Supermán ou Pedro Chosco).
Etiqueta: Tódalas mulleres que non se disfracen terán que vir con gravata e os homes con saias ou perruca (poden escoller, non somos ditadores)
Pregón: Como en calquera boa celebración que se prece (e esta éa), o pregón será a presentación da festa e fará honor a aquelas poetisas e poetas que xa están desexando demostrar as súas dotes literarias. As excelsas estrofas serán lidas por unha parella de estudantes do Nivel de xeito alternativo. Dende este mesmo intre, podedes ¡oh bardos! poñer o lapis a gañar o xornal. Tratará sobre temas actuais: estudantís, do noso Centro, Mestres/as, política, deportes, obras da beirarrúa, calefacción...
Desfile: Queremos que as pasarelas Pontus Veteris, Cibeles, Scala de Milán... parezan paupérrimas á nosa beira. Poderá desfilar toda a familia de Sexto (homes e mulleres) peeeeeeeeeeero ¡ollo!: Levarán premio os máis orixinais e máis baratos. ¡Guerra ao consumismo!. Xa podedes ir pensando nalgún xeito de cambiar a imaxe e, coas tesoiras, agullas, cinta métrica, xoguetes vellos, roupa da nora ou do sogro... facer voar a imaxinación. Non se poden facer grupos.
Xurado: Estará formado por cinco membros (un por aula) con moitas enrugas na ancha fronte. Cada un deles repartirá 10, 8, 6, 4 e 2 puntos a cinco concursantes. Estes darán, de véspera, o nome co que pensan desfilar á Mestra de Cerimonias que será designada pola Titora de Sexto “A” entre as Rapazas que estean de aniversario no mes de xaneiro e o que custou o disfrace. Ese día, 31 de xaneiro, o Titor de Sexto “E” fará unha cuadrícula cos nomes, prezos e casiñas para anotar os puntos concedidos polo Xurado.
Daranse ¡DEZ! (base decimal) PREMIOS (vouno repetir) aos disfraces máis baratos e orixinais. Non se permite ao Xurado usar a calculadora para facer a suma dos puntos dados e o lapis ha de ser negro.
Premios: Haberá:
· 2 Primeiros premios: Libro moi bo e moi caro
· 2 Segundos premios: Libro tamén moi bo e algo menos caro
· 2 Terceiros premios: Sorpresa
· 2 Cuartos premios: Máis sorpresa
· 2 Quintos premios: Sorpresa tamén

Chúzao
del.icio.us
A min gústanme moito os desfiles e o que máis me fixo graza foi o dos xurados que non podian usar a calculadora coma se non souberan sumar.
Xián25 | 07-02-2008 - 12:05:31 GMT 1 #