Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

07/02/2008 GMT 1

Pregón Entroido 2.008

rsegade @ 11:07

Estamos xa no Entroido,

Despois de pasar o Nadal,

E seguimos sen beirarrúas.

¡Parece a obra do Escorial!


Cantigas, pitos e frautas,

Isto xa parece un Entroido,

Tantas cousas ofrecidas

E ninguén se pon de acordo.


Con estas caras sorrintes,

Nosas donas e señores,

Nenas, nenos, compañeiros

E tamén cos Profesores.

Se te queres divertir

Aos Brozos has de vir,

Con careta e antifaz:

O Entroido imos celebrar.


Queremos que moitos anos

este Entroido recordemos

E para pasalo ben

Moi atentos escoitemos.


Dinnos os que desto saben

Que é unha festa ben antiga,

Tan bela, tan divertida,

Moi esperta, moi amiga.


Rompemos con moitas regras

Que todo o tempo cumprimos,

Poñemos verde a calquera,

Divertirnos perseguimos.

Defendemos que isto é certo

E con esta fe vivimos

Pero queremos respecto

Para todos, insistimos.


Os ordenadores collemos

Pero é unha pesadez,

Apagamos e acendemos

Unha e outra vez.

O papel dos piollos

Mándanno cada dous por tres;

Con tantos papeis que gastan

Chegan para parar un tren.


É hora xa de esixir

pois tódolos días vemos

Unha longa beirarrúa

Que non queren que pisemos.


Parecemos paxariños

Agochados na gaiola.

Por riba de non ter sitio,

Nos araman toda a escola.


Una máquina asasina

Desfixo o noso espazo,

Fixo buratos e regos,

Sentounos coma un balazo.


Logo, con traxe amarelo,

Apareceu algún home

Que pola súa longura

o tempo case o consome.


Moitos pensan a cotío,

E sen malas intencións,

Que a rúa sen beira queda

Ata as próximas eleccións.


Entre os valados de arame

E as cancelas agachadas

Pasean “insuficiemtes”

De adultos e rapazadas.

Os políticos de agora

Poucas citas nos merecen:

As cousas que prometeron

Moi tarde ou nunca aparecen.


Un colexio novo ofrecen

Despois de tanto esperar.

As datas que van dicindo

Son de poñerse a chorar.

Un colexio fainos falta,

Senón imos estoupar.

Os políticos de agora

Non saben como enganar.

Quen fixo “Os Dereitos do Neno”

Tennos que escoltar de verdade.

Queremos unha escola nova

E que se faga realidade.


Todos tolean por entrar

Nesa “casa” encantada

Pero á hora da verdade

Ninguén se preocupa de nada.


O que se coce ás nosas costas

Non é precisamente unha laconada;

Por moito que nos empeñemos

Isto parece unha pantasmada.


Deixen as rúas libres

Nestes carnavales

Pois tódolos nenas e nenos

Queremos lucir os disfraces.


¿Que lles parece,

Concelleiros e alcaldesa?

Esperemos que antes das eleccións

Lles entre de contado a présa.

Prometeron moitas cousas,

Ningunha saben cumprir

E co ruído da rúa

Non podemos nin durmir.


Somos nós tan importantes,

Temos tanto señorío,

Que nas horas do Estudo

Estamos fóra, ao frío.


Do tema calefacción

Tampouco soubemos nada.

Varios días estivemos

Sufrindo frío e xeada.


Cando temos calor,

A calefacción acender;

E cando temos frío,

Unha chaqueta poñer.


Sen calefacción e este frío,

As nosas faltas son xustificadas,

Gripes e catarros apodéranse de nós

Con estas tremendas xeadas.

carnaval.gif
Director, Director,

Pensa en nós

E acende o radiador

Cando non faga calor.


Nos somos afectados,

Pero tamén os profesores,

Con esta gran carnavalada

Non lles fan moitos favores.


Dos Profesores sabemos

Que sofren ben da cabeza,

Pois o ruído do Alumnado

Só produce máis torpeza.


María Jesús, Mercedes,

Patricia, Jesús, Ramón,

Aos cinco Titores nosos

Levamos no corazón.


María Jesús, Patricia...

Son algunhas Profesoras,

Atúrannos no Colexio,

Seguen tan encantadoras.

Á profesora Mercedes

Dedica este discurso

Neste Entroido 2.008

Unha Alumna de sexto curso.


Jesús estivo maliño

Dunha perna ou algo así;

Vemos que recuperou

Para estar con nos aquí.


Ramón leva moito tempo

Co tema de profesor,

Aturou moitos alumnos,

Nós non somos do peor.


Un agasallo especial

Cada un de nós lle quixera

Levar a toda pastilla,

Correndo ben a Mosquera.


A pesar de todo,

Que ¡viva o Entroido!

Entre lacón, filloas e orellas

Faremos unhas boas festas.


Despois de tanto discurso

Xa é hora, eu penso, coido,

De soñar coas filloas

E dicir: ¡Viva o Entroido!

Comentarios

Un Comentario »

  1. O pregón estivo moi ben o que máis me gustou foi ser garda. Tiñas que vixiar que ninguen entrara e cando sairan
    tiñan que decir "zampafilloas" (pero non llo digades a ninguen)...

    Cristina | 07-02-2008 - 11:59:37 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis