O cabalo de Alberte
Unha tardiña de verán, Alberte deulle ao seu cabalo unha merenda de herba fresca, e despois sentouse no cepo de partir a leña a ler o xornal. O cabalo merendou, e pasou a súa cabeza por enriba do hombreiro dereito do amo, e con voz humana preguntoulle:
-¿Como vai o mundo?
Este foi o comezo das longas conversas que durante varios meses mantiveron Alberte e o seu cabalo. Falaban de política, contribucións, e de como foran os prezos na derradeira feira de Noia, e de vodas e de defuntos. Un día o cabalo dixolle a Alberte que non lle gustaba que lle chamasen Moro, e que mellor seria que lle buscase un nome máis decente, ainde que fose francés. Alberte consultou con un mestre de Muros, moi amigo de seu, e este dixolle que lle chamase ao seu Moro simplemente como lle chamaban aos cabalos en Francia., Que lle chamasen Cheval. Ao cabalo pareceulle ben, aínda que murmuraba que quizaves ao nome deberiano seguir dous apelidos. Por consello do cabalo, Alberte foille decindo aos veciños que o seu cruzado de percheron e mourisco, xa non se chama Moro senon Cheval, e que fixesen o favor de tomar nota do cambio. A todos efectos, decía Cheval.
Pasando os meses, Cheval iase amosando moi vivo de xenio, celabase de que Alberte falabase coa xente sen estar el diante, de que lle asubiase a o can Tirol, e de lese o xornal en voz alta á muller, que non sabia ler.
-¡Dabondo fas con durmir con ela ! Cheval disgustado.
Ia cumplirse un ano dende a primeira conversa de Alberte co seu cabalo, cando un mediodía regresando os dous amigos do muiño, cargada a besta con dous sacos de fariña e outro de farelo, Cheval parouse na ponte e dixolle a Alberte con voz grave:
- Vai facer un ano que nos falamos e se queres que sigamos comentando o mundo, tes que prometer que de agora en diante só vas falar comigo.
¡ despois de todo son o único cabalo da provincia que fala co seu amo! E non me fío da tua palabra que mais dunha vez xa esvcoitei contar algunha mentira. Tes que facer un documento. ¡ Se non o fas, calo para sempre!.

Chúzao
del.icio.us
e boa non digo que non
ruben | 10-01-2008 - 21:32:18 GMT 1 #