Canallas
(Xosé Carlos Caneiro)
"...Resulta que quero dicir e digo que sinto medo. Pavor. Que non me gusta o mundo no que crecen os nenos. Que hai xente con responsabilidade pública que non é humana, que viven só pola pasta: o poder das audiencias. Cando o único Deus é o diñeiro (ou o éxito), corremos o risco de "inhumanizarnos". Hai tipos que se parten a cara por saír no televisor e outros, outras, que por entrar ou saír de "La casa de Gran Hermano", que no es la casa de los sueños, poñen etiquetas de rebaixas nos seus corpos. Hai os que ofrecen pasta aos adolescentes por conseguir un vídeo. E hai adolescentes que se senten heroes por saír no televisor, por ser noticia, ou porque eleboran artefactos mediáticos "que valen o seu peso en ouro". Non me gusta o mundo no que crecen os nenos. Moitas asignaturas e escasa estatura moral. En calquera parte do mundo sucede, é certo. Pero aquí sucede máis (iso parece) porque somos menos. Resulta preciso e urxente perseguir aos que están convertendo o mundo nun videoxogo violento, morboso, canalla. Canallas. Non teñen outro cualificativo os que poden comerciar con vídeos como o de Boiro. Ou os que difunden imaxes de nenos humillados, espidos, tocados. Os que comercian coa inocencia, ou coa falta de conciencia. Por eso quero escribilo unha vez máis nesta columna doída. Canallas. Pero convén sinalar que deste lado hai xente. Os imprescindibles, que diría Brecht. Os que pensan que o ser humano aínda non está derrotado. Os que anotan, con coraxe, a última palabra desta columna: ¡Canallas!"

Chúzao
del.icio.us
Hola profe pareceume moi ben que publicaras iso
Noelia | 08-11-2007 - 14:18:40 GMT 1 #
Este blog gústame moito, aínda que non podo dicir nada, xa que son un dos que o forman, pero se non fora, diría que é moi
interesante.
Alejandro | 08-11-2007 - 14:21:22 GMT 1 #
Hola profe somos Ara e Cris, estou maliña
Ara e Cris | 09-11-2007 - 18:25:55 GMT 1 #