A tumba de Herodes
Tras varias décadas de excavacións,un equipo israelí de arqueólogos anunciou o descubrimento da tumba do rei Herodes ao sur de Xerusalén.
"Hai tres semanas encontramos elementos do sarcófago" (de Herodes)- declarou o profesor Ehud Netzer do Instituto de Arqueoloxía da Universidade Hebrea de Xerusalén e responsable das excavacións.
"O emprazamento e a calidade das pezas atopadas despexan toda dúbida sobre o destinatario da sepultura", subliña.
"Resulta innecesario recurrir ao carbono 14, pois esta proba só se usa cando non hai outros indicios da antigüidade dunha peza" - explica Netzar.
Herodes reinou desde o ano 44 ao 4 a.C., segundo as conclusións dos investigadores, a partir dos restos atopados.
"Só unha ou dúas construcións teñen a mesma pedra vermella caliza empregada neste mausoleo, pois na época ninguén podía permitilo" apuntou Netzer. A este mausoleo accedían por medio dun longo camiño de 350 metros e 30 de ancho.
O profesor explicou que a sepultura foi profanada e desfeita en mil anacos.

Chúzao
del.icio.us