Máis Coplas
Eu casei aló abaixo,
na terra dos maragatos
e tocoume unha muller
toda roída dos ratos.
Eu casei con cara moura
porque tiña moito gando,
o gando foi morrendo
e cara moura quedando.
Eu casei cunha nena
porque ela cantaba ben;
agora morro de fame,
o cantar non me mantén.
Dan lástima os miuñeiros
que choran tódolos días
co medo de ir ao inferno
por encher mal as medidas.

Chúzao
del.icio.us