Afán por mellorar
O día 9 deste mes de maio, tres compañeiras (Fátima. Carmen e Aurora) e tres homes (José Carlos, Fernando e un servidor) partimos a media tarde dende Alvedro cara Andalucía.
O obxectivo era visitar dous colexios desta Comunidade para coñecer e compartir experiencias en Técnicas de Información e Comunicación. Eran, segundo Fernando -Coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos- os que nos podían ofrecer interese pola forma de facer ensino.
Despois de cambiar avión en Madrid, chegamos a Sevilla de noite e seguimos ata Huelva por estrada.
Ao día seguinte, 10 de maio, visitamos o centro educativo San Walabonso, ubicado na poboación onubense de Niebla, famosa na Reconquista. Aínda conserva un enorme castelo. Tamén se pode ver unha ponte romana. Técnicos da NASA analizan o terreo desta lugar porque parece ser que é o máis parecido á superficie de Marte
O centro ten arredor de 400 Alumnos e Alumnas cun Equipo Directivo entusiasta das TIC. O Xefe de Estudos, Fernando,vive esta forma de ensino con verdadeira tolemia. Os nenos son moi traballadores, silentes, cariñosos. Fan proxectos dignos de alabanza. Todo a Claustro participa. Mereceu a pena velos e disfrutar da súa hospitalidade e forma de traballar. O traballo que fixeron sobre o Quixote pode calificarse de abraiante.¡Grazas, San Walabonso!
O día 11, venres, fomos a outro colexio público, Menéndez Pelayo, de Valverde del Camino, tamén da provincia de Huelva. O proxecto que desenvolven aquí é menos novedoso pero tamén moi interesante e cheo de esforzos. Tódolos Mestres e Mestras traballan nel e están orgullosos do que fan. María -Xefa de Estudos- é a alma mater da tecnoloxía neste colexio. O Director é o defensor máis destacado ainda que se xubile este mesmo ano.
Nos dous centros teñen un problema importante: a pantalla incrustada na mesa. O Alumnado séntese engaiolado. Hai un ordenador para cada dous alumnos.
Despois de pasar horas en caravanas de coches baixo un sol de xustiza e pasar moito tempo no aeroporto de Sevilla, saídos rumbo a Coruña sendo xa noite e aterrando moi tarde. Aproveitamos o paso por Sevilla para traer recordos dos musulmáns, coma estas fotos dos "Reales Alcázares" porque estamos estudando algo da súa estadía en Andalucía.
¡Un aturuxo por estes centros andaluces que teñen moito do que estar orgullosos!

Chúzao
del.icio.us
Muchas gracias Ramón por tus comentarios hacia el CEIP SAN WALABONSO. Ya sabes que aquí tienes tu casa para cuando quieras :-)
Un abrazo.
fgpaez | 17-05-2007 - 00:05:12 GMT 1 #
Ramón muchas gracias por tus palabras, hacia nuestro cole. Estuvimos encantados de recibiros, aunque nos faltó mucho tiempo para compartir más cosas.
Seguirmeos en contacto a través de estas blogs y de otras que creemos para realizar intercambios.
Un Abrazo
Maria Barceló | 21-05-2007 - 12:41:10 GMT 1 #
Profe hai que mirar cara a diante.
cristina | 22-05-2007 - 10:11:53 GMT 1 #