Concerto
O día 25 (San Marcos) do presente mes de abril, o Alumnado de CUARTO e QUINTO deste Centro foi convidado polo Concello da Coruña a un concerto celebrado no pazo da Ópera. Titulábase “La percusión en la Orquesta”.
Teoricamente saiamos en cinco autobuses ás once menos cuarto e a volta arredor da unha. Logo non resultou así.
O concerto non será doado esquecelo, pois gustounos a todos: Eran tan bos que facían música con calquera cousa: latas, plásticos, sinais de tráfico, táboas, caldeiros... Unhas baquetas fluorescentes parecían animadas tocando unha fantástica peza. O batería deleitounos cunha interpretación maxistral. Os xilófonos... Todo esto con grandes interpretacións escénicas e adubo de anacos dunha película de Woody Allen que proxectaban detrás dos músicos.
O final foi magnífico, con toda a orquestra tocando pezas importantes nas que a percusión era fundamental.
Se a todo esto lle sumamos a voz de Santiago Fernández na presentación e comentarios, non é disparatado dicir que o tempo voaba e non nos acordabamos de nada. Só queriamos máis...música.
Algunhas veces hai que saír das aulas.
¡Viva a Arte!

Chúzao
del.icio.us
A min gustoume moito a orquestra, a música cos caldeiros e as baquetas fluorescentes.
Na foto salistes todos moi guapos.
son Ara
Ara | 22-05-2007 - 10:20:25 GMT 1 #