Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

19/04/2007 GMT 1

Un hórreo de Arteixo

alejandrofr @ 12:34

horreo2.jpgO hórreo é seguramente a construción popular galega máis coñecida e estendida polo rural galego. Está destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o millo antes de o mallar, entre outros froitos, e protexelo do ataque dos ratos.A maior lonxitude do hórreo, maior a riqueza do dono ou dona.

O horreo galego é moito máis que todo iso, é un complemento horreo1.jpgimprescindíbel da casa labrega, é unha verdadeira e interesante mostra de arquitectura popular, é un elemento fundamental na paixase rural, integrado nel como parte esencial e viva da aldea. É un feito realmente escepcional atopar un lugar sen hórreos.

A súa construción efectúase maioritariamente en pedra, pero tamén os hai mixtos, en madeira, etc, se ben a grande maioría teñen a base e o habitual voladizo en material duro, non apto para a súa perforación por animais que puideran beneficiarse do froito.

Comentarios

Un Comentario »

  1. Precioso Hórreo,, destes quedan poucos,está restaurado acorde co enclave que ocupa.

    Felicitarvos polo moito que traballades.

    Amelia Seoane | 24-04-2007 - 12:35:13 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis