Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

30/11/2006 GMT 1

San Andrés

saragp @ 12:15
A doce kilómetros de Cedeira na ladeira occidental da serra Capelada, atópase un pequeno poboado onde está situado o Santuario de san Andrés de Teixido.
Ao longo dos séculos, campesíños e mariñeiros de toda Galicia foron en peregrinaxe á ermida adicada o Apóstolo San Andrés.
Hai unha crenza que asegura que:
"A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo"
Así , as almas das que non foron á romaría de vivas, reencárnanse no corpo dun lagarto, sapo ou culebra e nesas condicións veranse na obriga de facer a romaría. Na ermida atópanse figuras de cera que representan mans, pés, cabezas, corpos enteiros... A ofrenda en cera fana como agadecemento á intercesión milagreira do apóstolo na curación.
Na serra da Capelada celebrase "a rapa das bestas". Son os gandeiros os que organizan o festexo.
Recóllese o gando cabalar salvaxe que hai na zona para a súa marcaxe e corte de crins.
Polo San Andrés, 30 de novembro, os caseiros mudaban de lugar. Era un día de moita tristura.
Comentarios

Un Comentario »

  1. Me gusta mucho este blog.
    Profe, que pena que nosotros no hicimos un blog como este. Mándales saludos a tus nuevos alumnos, seguramente que a todos les gustan los pórtatiles y la clase tan moderna que tienen, aqui en el instituto no tenemos esas cosas pero igual lo pasamos bien. UN SALUDO NOELIA

    Noelia Pedroche | 30-11-2006 - 18:26:40 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis