Concerto
O día 25 (San Marcos) do presente mes de abril, o Alumnado de CUARTO e QUINTO deste Centro foi convidado polo Concello da Coruña a un concerto celebrado no pazo da Ópera. Titulábase “La percusión en la Orquesta”.
Teoricamente saiamos en cinco autobuses ás once menos cuarto e a volta arredor da unha. Logo non resultou así.
O concerto non será doado esquecelo, pois gustounos a todos: Eran tan bos que facían música con calquera cousa: latas, plásticos, sinais de tráfico, táboas, caldeiros... Unhas baquetas fluorescentes parecían animadas tocando unha fantástica peza. O batería deleitounos cunha interpretación maxistral. Os xilófonos... Todo esto con grandes interpretacións escénicas e adubo de anacos dunha película de Woody Allen que proxectaban detrás dos músicos.
O final foi magnífico, con toda a orquestra tocando pezas importantes nas que a percusión era fundamental.
Se a todo esto lle sumamos a voz de Santiago Fernández na presentación e comentarios, non é disparatado dicir que o tempo voaba e non nos acordabamos de nada. Só queriamos máis...música.
Algunhas veces hai que saír das aulas.
¡Viva a Arte!

Chúzao
del.icio.us
O dióxido de carbono, ou anhídrido carbónico é un composto químico constituído por dous átomos de oxíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. 
O hórreo é seguramente a construción popular galega máis coñecida e estendida polo rural galego. Está destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o millo antes de o mallar, entre outros froitos, e protexelo do ataque dos ratos.A maior lonxitude do hórreo, maior a riqueza do dono ou dona.
imprescindíbel da casa labrega, é unha verdadeira e interesante mostra de arquitectura popular, é un elemento fundamental na paixase rural, integrado nel como parte esencial e viva da aldea. É un feito realmente escepcional atopar un lugar sen hórreos.
Clinclanclonclin
Clinclanclonclin

