Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

Categoría: Saídas

21/12/2007 GMT 1

A ruta da auga

rsegade @ 11:33

p1010012.JPG

A auga é un liquido incoloro, inodoro e insípido. Conxela aos 0ºC e ferve aos 100ºC. Ao conxelarse, aumenta de volume.

É imprescindible para a vida, industria, deportes...

O Concello da Coruña convidou ao Alumnado deste Centro a facer unha visita ás instalacións que ten para o servizo de auga potable.p1010010.JPG

Subimos ao autobús ás 9,45 horas. Só faltaban Daniel, Moumna, Mohamed, Daniel Lamego e Noelia.

Minutos despois chegabamos ao encoro de Cecebre. Onde debía haber auga, enchémonos de lama. Algunhas aves (garzas, gaivotas, parrulos...) preguntábanse que faciamos alí, impedíndolles desenvolver a súa vida cotiá, nun día tan frío. Tamén había restos dos depredadores cangrexos americanos.

p1010018.JPGAnque é unha obra de hai trinta anos, aínda se poden ver couces de árbores, cachos de casas, pontes...

Moitos de nós, fixemos uso de prismáticos e cámaras para inmortalizar esta data, 19, de ddecembro de 2.007.

Arredor das 11,45 horas chegamos á planta potabilizadora da Telva. Alí vimos todo este proceso: captación dende o río Mero, decantación, filtración, cloración e tratamento de lodos.

Aprendemos palabras: flóculo, permanganatp1010022.JPGo...

Despois dun periodo de tempo que nos pareceu moi curto, voltamos ao colexio saboreando os caramelos.

Nesta viaxe cultural e científica acompañáronnos Bea, Xavi e Aurora.

14/05/2007 GMT 1

Afán por mellorar

rsegade @ 10:44

sanwala.JPGO día 9 deste mes de maio, tres compañeiras (Fátima. Carmen e Aurora) e tres homes (José Carlos, Fernando e un servidor) partimos a media tarde dende Alvedro cara Andalucía.

O obxectivo era visitar dous colexios desta Comunidade para coñecer e compartir experiencias en Técnicas de Información e Comunicación. Eran, segundo Fernando -Coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos- os que nos podían ofrecer interese pola forma de facer ensino.

Despois de cambiar avión en Madrid, chegamos a Sevilla de noite e seguimos ata Huelva por estrada.

Ao día seguinte, 10 de maio, visitamos o centro educativo San Walabonso, ubicado na poboación onubense de Niebla, famosa na Reconquista. Aínda conserva un enorme castelo. Tamén se pode ver unha ponte romana. Técnicos da NASA analizan o terreo desta lugar porque parece ser que é o máis parecido á superficie de Martepatio.JPG

O centro ten arredor de 400 Alumnos e Alumnas cun Equipo Directivo entusiasta das TIC. O Xefe de Estudos, Fernando,vive esta forma de ensino con verdadeira tolemia. Os nenos son moi traballadores, silentes, cariñosos. Fan proxectos dignos de alabanza. Todo a Claustro participa. Mereceu a pena velos e disfrutar da súa hospitalidade e forma de traballar. O traballo que fixeron sobre o Quixote pode calificarse de abraiante.¡Grazas, San Walabonso!

O día 11, venres, fomos a outro colexio público, Menéndez Pelayo, de Valverde del Camino, tamén da provincia de Huelva. O proxecto que desenvolven aquí é menos novedoso pero tamén moi interesante e cheo de esforzos. Tódolos Mestres e Mestras traballan nel e están orgullosos do que fan. María -Xefa de Estudos- é a alma mater da tecnoloxía neste colexio. O Director é o defensor máis destacado ainda que se xubile este mesmo ano.

marav.JPGNos dous centros teñen un problema importante:  a pantalla incrustada na mesa. O Alumnado séntese engaiolado. Hai un ordenador para cada dous alumnos.

Despois de pasar horas en caravanas de coches baixo un sol de xustiza e pasar moito tempo no aeroporto de Sevilla, saídos rumbo a Coruña sendo xa noite e aterrando moi tarde. Aproveitamos o paso por Sevilla para traer recordos dos musulmáns, coma estas fotos dos "Reales Alcázares" porque estamos estudando algo da súa estadía en Andalucía.

¡Un aturuxo por estes centros andaluces que teñen moito do que estar orgullosos!

27/04/2007 GMT 1

Concerto

rsegade @ 11:11

O día 25 (San Marcos) do presente mes de abril, o Alumnado de CUARTO e QUINTO concerto1.JPG deste Centro foi convidado polo Concello da Coruña a un concerto celebrado no pazo da Ópera. Titulábase “La percusión en la Orquesta”.

Teoricamente saiamos en cinco autobuses ás once menos cuarto e a volta arredor da unha. Logo non resultou así.

O concerto non será doado esquecelo, pois gustounos a todos: Eran tan bos que facían música con calquera cousa: latas, plásticos, sinais de tráfico, táboas, caldeiros... Unhas baquetas fluorescentes parecían animadas tocando unha fantástica peza. O batería deleitounos cunha interpretación maxistral. Os xilófonos... Todo esto con grandes interpretacións escénicas e adubo de anacos dunha película de Woody Allen que proxectaban detrás dos músicos.

O final foi magnífico, con toda a orquestra tocando pezas importantes nas que a percusión era fundamental.

Se a todo esto lle sumamos a voz de Santiago Fernández na presentación e comentarios, non é disparatado dicir que o tempo voaba e non nos acordabamos de nada. Só queriamos máis...música.

Algunhas veces hai que saír das aulas.
¡Viva a Arte!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis