Amigo/a invisible
Proposta: Facer un regalo a un compañeiro ou compañeira da aula.
Historia: Hai xa un feixe de anos, unha Mestra deste Centro importou unha idea orixinal e educativa: O Amigo ou Amiga invisible.
Obxectivos:
a) Practicar ese valor tan importante que é a amizade.
b) Saber calar cando é preciso.
c) Guerra ao consumismo (só 1,5 euros)
d) Divertirse un pouco (o último día)
e) Respecto ás persoas (verase no que se regala e no traballo que costará buscalo e empaquetalo. Este paso pode ser moi interesante)
Condicións:
1.- Só se empregará 1,5 euros
2.- Non se pode dicir o nome da persoa á que lle farás o regalo.
3.- Todos e todas teñen que estar de acordo.
¿En que consiste?
* Faise un sorteo secreto para saber a quen lle regalarás.
* Non pdes pedir axuda para facer a compra.
* Entregas o regalo o derradeiro día do trimestre ante os aplausos e sorrisos dos compañeiros e compañeiras.
Desta maneira, o que recibe o regalo non sabía quen llo facía ata ese momento.

Chúzao
del.icio.us