Seguno o dicionario da Real Academia Galega:
Campá:Instrumento que consiste nunha peza oca, xeralmente de bronce,con forma aproximada de cono sen vértice, que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior, produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño.
Todo o ano as campás acompasan a vida de moitos galegos: choran aos mortos, alertan do perigo dos incendios, anuncian a hora de xantar, chaman pola xe
nte á misa ...
Nalgúns pobos, as campás soan de maneira diferente segundo o defunto sexa home ou muller, da parroquia ou forasteiro, da parte norte ou sur...
As campás de Bastavales, ás que cantou Rosalía, tañen tódolos días: á unha da tarde e á noitiña. O máis atrainte é o repenique dos sábados con 33 toques.
Nunha aldea de Combarro tocaron tres días seguidos por mor dos incendios forestais.Tamén o fan para chamar a calquera reunión.
Conta unha lenda que as campás soan debaixo da auga nos pobos anegados polos encoros.Para oílas hai que estar sen pecado.
No século XVII , a familia Ocampo empezou a facer campás en Caldas de Reis.É o único obradoiro de Galicia. Carlos Núñez, o gaiteiro alabou o son delas e a Almudena de Madrid conta con son deste lugar.
Xa no século XX, a familia Pagán asentouse en Vigo e empezou a conectar reloxos, campás e mecanismos electrónicos.
Deste xeito, ás horas indicadas as campástocan melodías coñecidas. No edificio de correos da Coruña, ás dez da noite óese "Negra Sombra".
Rosalía dándose conta da importancia das campás en Galicia, escribíu:
"Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar"