Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

Categoría: Cultura

25/09/2007 GMT 1

El higo

rsegade @ 09:49

figo1.jpg
Estamos en plena temporada de higos. Hay variedades.
Apreciado por los “gourmets” de las civilizaciones clásicas, se come maduro y pelado. También se consumen en conserva (higos pasos).
Están en su punto cuando el orificio de la base está rojo. Aportan 65 calorías por cada 100 gramos, además de calcio, magnesio y fósforo.
Con ellos se pueden preparar mermeladas, confituras y helados. Igualmente, son la guarnición perfecta para acompañar platos de carne de cerdo y de caza.
Para descubrir su sabor, pélalos y envuélvelos en jamón.

21/06/2007 GMT 1

A tumba de Herodes

miguelcm @ 11:11

Tras varias décadas de excavacións,un equipo israelí de arqueólogos anunciou o descubrimento da tumba do rei Herodes ao sur de Xerusalén.
"Hai tres semanas encontramos elementos do sarcófago" (de Herodes)- declarou o profesor Ehud Netzer do Instituto de Arqueoloxía da Universidade Hebrea de Xerusalén e responsable das excavacións.
"O emprazamento e a calidade das pezas atopadas despexan toda dúbida sobre o destinatario da sepultura", subliña.
"Resulta innecesario recurrir ao carbono 14, pois esta proba só se usa cando non hai outros indicios da antigüidade dunha peza" - explica Netzar.
Herodes reinou desde o ano 44 ao 4 a.C., segundo as conclusións dos investigadores, a partir dos restos atopados.
"Só unha ou dúas construcións teñen a mesma pedra vermella caliza empregada neste mausoleo, pois na época ninguén podía permitilo" apuntou Netzer. A este mausoleo accedían por medio dun longo camiño de 350 metros e 30 de ancho.
O profesor explicou que a sepultura foi profanada e desfeita en mil anacos.

27/04/2007 GMT 1

Mira quen baila

rsegade @ 10:54

baile.jpg
Temos a sorte de que ainda quedan Persoas que se ocupan da Cultura Galega, disfrutan con ela e pregóana BAILANDO.
Grazas

19/04/2007 GMT 1

Un hórreo de Arteixo

alejandrofr @ 12:34

horreo2.jpgO hórreo é seguramente a construción popular galega máis coñecida e estendida polo rural galego. Está destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o millo antes de o mallar, entre outros froitos, e protexelo do ataque dos ratos.A maior lonxitude do hórreo, maior a riqueza do dono ou dona.

O horreo galego é moito máis que todo iso, é un complemento horreo1.jpgimprescindíbel da casa labrega, é unha verdadeira e interesante mostra de arquitectura popular, é un elemento fundamental na paixase rural, integrado nel como parte esencial e viva da aldea. É un feito realmente escepcional atopar un lugar sen hórreos.

A súa construción efectúase maioritariamente en pedra, pero tamén os hai mixtos, en madeira, etc, se ben a grande maioría teñen a base e o habitual voladizo en material duro, non apto para a súa perforación por animais que puideran beneficiarse do froito.

18/04/2007 GMT 1

Aspirante

mariagv @ 09:29

La Voz  de Galicia publica o día un do presente mes  de  abril  a  nova  de  que A  Torre  de  Hércules  da  coruña fora elexida  nunha  lista como posible  monumento  patrimonio  da  humanidade.hercules.jpg

As murallas  de Lugo, outra  obra  romana, xa o  é.

A  Torre  de Hércules  e  o  simbolo  de  cidade. Parece  ser  que  se   levantou  durante  o mandato  do  emperador  Trajano (finais  do  seculo I). A  súa  función  era  facer de  guia  ás  embarcacións   romanas  que  navegaban  cara  as  illas   Britanicas  na  busca  de  metais. O seu  arquitecto adicoulle  esta  obra ao  deus  da  guerra (Marte).

Sufriu moitas  agresións  e  abandonos: normandos,  Mar  Egeo...

O  ano  pasado  recibiu  cento  corenta  mil  visitantes.

Mide  59  metros  ten  234  escalóns.

É  o  único  faro  romano  que  funciona  no  mundo.

Cada  20  segundos  emite  catro  destellos   brancos.

Apreciámola pouco

monicaff @ 09:17

galego1.jpggalego3.jpg

galego4.jpg

galego6.jpg

galego5.jpg

galego7.jpg

(Publicado na Voz de Galicia o 31 de marzo de 2.007)

30/03/2007 GMT 1

Acepcións e decepcións

rsegade @ 11:17

CELA, a pouco de entrar na RAE, se non lembro mal, fixera unha proposta para que unha acepción, penso que ' mozo de cuerda', fose retirada do dicionario na entrada gallego. É, pois, cousa vella.

Penso que un xentilicio non debe ter contidos semánticos alleos á súa natureza. Se se emprega para o insulto ou para designacións despectivas, como no noso caso, deixa de ser un xentilicio. Non sei se por aquí podería telo fácil a RAE para fixar, limpar e dar esplendor a esa entrada que o BNG pretende, con razón, poñer ao día.

Ademais da acepción ' tonto', se ben como empregada en Costa Rica, inclúese no dicionario da RAE a expresión mesa de gallegos, definida como aquela na «que falta pan de trigo». A verdade é que, hoxe, esta explicación non ten sentido, non define nada e non expresa ningunha realidade. Non sei se é ofensiva ou tan só unha reliquia do pasado. En calquera caso, se xa non ten contido, mellor fose, ao non ter vigor, que desaparecese.

Máis decepción me dá, se cabe, a distinta maneira de definir a lingua galega («lengua de los gallegos») e a catalá («lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros dominios de la Corona de Aragón»). Pois a exactitude da referencia á lingua catalá choca coa indeterminación con que se trata a lingua galega, que tamén é romance e vernácula e que, ademais, é lingua de habitantes que non pertencen á comunidade galega.

Eu diría, para rematar, que se en tempos do xeneral Franco logrou Cela que desaparecese unha acepción ben despectiva, ningunha dificultade debería haber hoxe para que se acepte a proposta do BNG. Non quero pensar que, tamén nisto, teñamos recuado. ¿Ou si?

(X.L. Franco Grande, "La Voz de Galicia"; 29-3-07)

09/03/2007 GMT 1

Frases de Gandhi

cristinacp @ 14:01

images1.jpg El hombre nació en la barbarie, cuando matar a su semejante era una condición normal de la existencia. Se le otorgó una conciencia y ahora ha llegado el día en que la violencia hacia otro ser humano debe volverse tan aborrecible como comer la carne de otro.
No hay camino para la paz, la paz es el camino. No dejes que se muera el sol sin que hayan muerto tus rencores.
Nuestra recompensa se encuentra en el esfuerzo y no en el resultado. Un esfuerzo total es una victoria completa.
Un error no se convierte en verdad por el hecho de que todo el mundo crea en él.
El que retiene algo que no necesita es igual a un ladrón.
Si quieres cambiar el mundo, cámbiate a ti mismo.
Los medios impuros desembocan en fines impuros.
Ante las injusticias y adversidades de la vida… ¡calma!
Hay que vigilar a los ministros que quieren hacerlo todo sólo con dinero.
Todo lo que se come sin necesidad se roba al estómago de los pobres.
Dios no ha creado fronteras. Mi objetivo es la amistad con el
mundo entero.
Dicen que soy héroe, yo débil, tímido y casi insignificante, siendo como soy, hice, imagínense, todo lo que pueden hacer todos juntos.
No escuches a los amigos cuando el amigo interior dice: ¡Haz esto!
El fruto del silencio es la oración. El fruto de la oración es la fe. El fruto de la fe es el amor. El fruto del amor es el servicio. El fruto del servicio es la paz.
Ojo por ojo y todo el mundo acabará ciego.
Lo más atroz de las cosas malas de la gente mala es el silencio de la gente buena.

Refráns

rosanaid @ 13:59

a) O moito presumir ou dá que chorar ou dá que rir.
b) Uns din o que saben e outros non saben o que din
c) Quen fixo o cesto que lle poña o aro.
d) A besta pola carga e o home pola palabra
e) Unha mala palabra non racha a roupa pero esgaza a alma

13/02/2007 GMT 1

Victoria Folgueira

rsegade @ 13:14

Ana María vs. Victoria
Juan A. Fariña Pedreira. Viernes, 9 de Febrero de 2007 (La Voz de Galicia)

Nunha sociedade todo o mundo ten dereito a gañar a vida, sempre e cando e como é natural, o faga de forma lícita. Porén pregunto, ¿non estamos sobrevalorando a repercusión e incluso a importancia dos produtos derivados do famoseo e do telelixo? ¿Non debera de chamarnos a reflexión que o frívolo, o mediocre, o prescindible, o carente de mérito aparente, o morboso... téñanlle comido o terreo a todo o demais e que certas virtudes están pasando comunmente inadvertidas ou están sendo vilmente arrombadas?

Todo o mundo semella coñecer á perruqueira de Arcade; que foi de lúa de mel a Cancún, á que lle atoparon material balístico na maleta, á que meteron no calabozo, á que interrogaron, á que ceibaron, á que fixeron famosa, á que sacaron en Interviu, á que levaron á televisión, á que lle escribiron un libro e á que eu non vou criticar (aló ela e as súas circunstancias) pero á que dende logo non estou disposto a admirar como fan moitos e moitas.

saber-y-ganar.bmp
¿Sabemos, pola contra, quen é Victoria Folgueira? Para quen non o saiba: Victoria Folgueira é da Coruña. Historiadora e arqueóloga. O gran mérito de Victoria estriba en ser unha das mellores concursantes que teñan pasado polo -moi esixente- espazo televisivo de TVE “Saber y Ganar”. Victoria leva participado ata a data nunhas cincuenta edicións do programa. En todas estas ten amosado unha erudición e unha cultura xeral fóra do común. Eu si admiro a Victoria. Porque ela si é, a meu xuízo, digna de mención e admiración.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis