Sara, a castaña que se perdeu
Érase unha vez unha castaña. Aburríase na casa.Un día foi ela soa dar un paseo polo seu souto.
Súa nai preo
cupouse cando xa era tarde e pasaba da hora.
Seus pais saíron buscala e non a daban atopado. El berraba por ela.
-¡Sara, Sara!
A súa nai preocupada, dixo que tiña que encontrala porque era o tempo de castañas e ao mellor comíana.
A nai tiña medo tamén de que se caera e se fixera dano, e non poideran encontrala.
O seu pai pediulle ao señor bufo se podía voar un pouco polo seu souto.
Dalí a un anaco, chegou o señor bufo e dixo que non estaba, pero que era un comentario, que os esquíos encontraran unha castaña e tíñana na súa casa ata que viñeran buscala.
Os seus pais foron correndo á casa dos esquíos e alí estaba a súa filla Sara.
A nai cando a ollou foi correndo ata xunto dela e doulle un abrazo moi grande; Sara e os seus pais foron para a súa casa e alí pasárono moi ben xogando todos xuntos.

Chúzao
del.icio.us
Valentín era un niño de 9 años. Practicamente no tenía que llevarse a la boca.