Da boca do meu avó José María
Cachirulo está na cama
dunha tunda que lle deron;
cala, Cachirulo, cala,
que pouco mal che fixeron.
Da Laracha me mandaron
tres peras nun ramalliño.
¿Quen será ese da Laracha
que me ten tanto cariño?
Castiñeiro sen ourizos
¿que castañas pode dar?
Home pequeno sen barba
¿que muller pode buscar?
Eu xa vin ao raposo
no monte de Camariñas.
Levàdelle uns zapatos
que o pican as espiñas.
Gùstame o touciño febroso e con pelos,
o rabo do porco como con cachelos,
as papas de arroz, e o caldo de grelos.
O que non me gusta, con moita razón,
sonche catro fabas que veñen na ración
que non hai quen as coma do duras que son.

Chúzao
del.icio.us