Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

Arquivo: Xaneiro 2008

10/01/2008 GMT 1

O cabalo de Alberte

mariagv @ 14:23

       Unha tardiña  de  verán, Alberte deulle  ao  seu  cabalo  unha   merenda de  herba  fresca,  e  despois  sentouse  no  cepo  de  partir  a  leña a  ler  o  xornal. O  cabalo  merendou, e  pasou  a súa  cabeza  por  enriba  do  hombreiro dereito  do  amo,  e  con  voz  humana preguntoulle:

 -¿Como  vai  o mundo?

      Este  foi  o  comezo   das  longas conversas  que  durante  varios  meses mantiveron  Alberte  e  o  seu  cabalo.  Falaban de  política, contribucións,  e  de  como  foran os  prezos  na  derradeira  feira  de  Noia,  e  de  vodas  e  de  defuntos.  Un  día  o cabalo dixolle  a  Alberte que  non  lle  gustaba que  lle  chamasen Moro,  e  que  mellor  seria  que  lle  buscase  un  nome  máis  decente,  ainde  que  fose  francés. Alberte  consultou  con un  mestre  de  Muros,  moi  amigo  de  seu,  e  este  dixolle que  lle  chamase  ao  seu  Moro simplemente  como lle  chamaban  aos   cabalos  en  Francia.,  Que  lle  chamasen  Cheval. Ao  cabalo pareceulle ben,  aínda que  murmuraba que  quizaves ao  nome  deberiano  seguir  dous  apelidos.  Por  consello  do  cabalo,  Alberte  foille  decindo   aos  veciños   que  o  seu  cruzado  de  percheron  e  mourisco,  xa  non  se  chama  Moro   senon  Cheval,   e  que  fixesen  o  favor  de tomar nota  do  cambio.  A  todos  efectos,  decía Cheval.

        Pasando  os  meses, Cheval iase  amosando  moi  vivo   de  xenio,  celabase  de  que  Alberte  falabase  coa  xente   sen  estar  el  diante,  de  que  lle  asubiase   a  o   can  Tirol,  e   de  lese  o  xornal  en  voz  alta á muller,  que non  sabia  ler.

      -¡Dabondo   fas   con  durmir   con  ela ! Cheval  disgustado.

     Ia   cumplirse  un  ano   dende  a  primeira    conversa   de  Alberte   co  seu  cabalo,  cando  un  mediodía  regresando    os  dous   amigos  do  muiño,  cargada   a   besta    con  dous  sacos  de  fariña e  outro  de   farelo,  Cheval  parouse  na  ponte  e  dixolle a  Alberte  con  voz  grave:

     - Vai   facer  un  ano   que  nos  falamos   e  se    queres   que  sigamos  comentando   o  mundo,    tes  que  prometer  que  de  agora  en  diante  só  vas  falar  comigo. 

      ¡ despois    de  todo   son  o   único    cabalo  da  provincia   que  fala  co  seu  amo!  E non  me  fío  da  tua  palabra   que  mais  dunha   vez   xa  esvcoitei  contar  algunha mentira. Tes   que  facer  un  documento.       ¡ Se  non  o  fas,  calo  para  sempre!.

O xuízo

cristinacp @ 14:23

Nun lexano pobo vivía Xosé, un neno de oito anos. Todas as tardes adoitaba ir ao bosque a tirarlle pedras aos niños dos paxaros, porque era moi revoltoso; pero un día escoitou un ruído coma dunha trompeta. Entón...
-¡Qué será iso!
-¡Runnn, runnn!-facía o estraño ruído.
Era un canguro que se chamaba Paquiño soprando por un tronco que resoaba. Xosé sabía que se chamaba así porque había uns carteis no principio do bosque e apoarecía un debuxo e oseu nome.
Entón Xosé agachouse entre os carballos, e de súpeto apareceron animais correndo cara Paquiño.
-¡Escoitádeme todos!-indicou Paquiño-Por este bosque hai cazadores.
Todos os animais empezaron a tremer.
-¡Non pode ser!-dixo Pancho, un esquío.
-¡A ver, veciños, non vos alarmedes!-tranquilizou Paquiño-Só hai que andar con preucación.
-¡Pum!-sentiuse,era Xosé que caera.
Paquiño achegouse e veu que era Xosé...
-¡É un humano, correde...!
-¡Non, tranquilos, non vos vou facer dano!-dixo Xosé.
-¡Os humanos sempre nos facedes dano!-afirmou Pancho.
-¿Por que dis iso?-preguntou Xosé.
-¡Porque cando vides ao bosque, sobre todo os rapaces, tirádesnos pedras...!
-¡Algúns si, pero eu non!
-¿Podes-nos entender?-preguntou Paquiño.
-¡Claro!-afirmou Xosé.
-¡Non me digas máis, ti es Xosé!-dixo Laila, a xirafa.
-¿Cómo o sabedes?
-O noso carteiro, Pepe,(unha pomba) comentounos que cada neno que escoitara o tronco estaría posuído polo león, e só él podería salvalo con dous pinoguais e indo a xuízo.
-¿Que son pinoguais?
¡Son puntos que vas acumulando para falar coma o animal que ti queiras!´
-¿E por que teño que ir a xuízo? ¡Si eu non fixen nada!
-Porque sempre vés ao bosque, entón estorbas aos animais, tiráslle pedras aos paxariños...
-¿E se non gano o xuízo, que pasa?
-¡Terasnos que traer comida todolos días, e coidarnos,¿estás dacordo?
-¡Dacordo!
Ó seguinte día, Xosé foi ao bosque e...
-¿Paquiño, onde está Margarida(a coella)?
-Está naquela madrigueira.
-¡Grazas!
-¡Ola,Margarida!
-¡Ola! o que tes que facer é coidar os meus 7 fillos hasta que eu volva...
-¡Vale!
-¡Ti a onde vas, Xoán, pasa para aquí!-ordenaba Xosé.
Todo se lle complicaba, os fillos de Margarida escapaban, pero ao final todo rematou ben.
-¡Ola! ¿que tal se portaron?
-¡Pois a verdade e que...!
-¡Ahí tes un pinoguai, adeus!
-¡Adeus!
-¡Señor Paquiño, señor Paquiño!
-O señor Paquiño non está-dixo Pancho.
-¿Que teño que facer?
-Pois tes que ir coirdar os paxariños do señor Sultán.
-¿E onde vai?
-¡Eso non é asunto teu!
-¡Adeus!
-¡Adeus!
-¡Señor Sultán, son Xosé e véñolle coidar os seus fillos!-gritaba el.

 -¡Agora chos baixo!, son catro e, cando veña, teñen que estar todos!

-A ver, son Xosé, e se fago esto ben podo marchar, así que non me compliquedes o traballiño.

-¡Eso xa o veremos...!-rosmaba en voz baixa un paxariño.

-¡Que che temos que complicar a vida!-decía intentando distraer a Xosé.

-¡Non, non, non!

             Mentres lle preguntaba a Pepe, os tres paxariños intentaban fuxir.

-¡Alto aí!-dixo sen mirar Xosé.¿A onde ides?

-Que pasada! ¿Como sabías que marchamos? 

-Cóntovolo se estades atentos.

Pasaron catro horas e Sultán veu buscar aos seus fillos.

               Era o gran día do xuízo, tódolos animais se reuniron, todos agás Paquiño...

Comezaba o xuízo(o xuíz era un león que se chamaba Tómas, o fiscal era o mono Filipe, o avogado dos animais era a Xirafa Laila, o avogado do neno era o koala Chito)

                 No medio do xuízo...

-¡Moi ben ¿onde están os papeis co que fixo Xosé?

-¡Tenos Paquiño, pero como non veu!-dixo Pancho.

-¡Non pasa nada, vamos seguir e  ao final do xuízo teñen que estar os papeis!

               O que pasaba era que:Pancho tiña a Paquiño nun lugar segredo cos papeis para que engaiolaran a xosé;porque sen papeis non hai probas para Chito...

                 Ao final do xuízo...

-¡Imos ver eses papeis, onde está Paquiño!

-¡Paquiño non veu!-contestou rapidamente Pancho.

-¿Quen sabe algo?-preguntou Tomás.

-¡A verdade é que non sei se ten algo que ver pero... o outro día cando lle fun coidar os fillos a Sultán, xa non estaba!aclarou Xosé.

-¿E como sabe que non estaba?

-¡Porque chamei por él e díxome Pancho que non estaba, e pregunteille por que e díxome que non era asunto meu e funme!-aclarou Xosé.

            Entón Tómas preguntoulle a Pancho e dixo:

-¡Confeso, confeso, fun eu, fíxeno para que Paquiño fose o noso criado, porque así eu pasaría a ser "O XEFE".

-¡Moi ben, xuízo rematado, agora Xosé quedará libre pero Pancho terá que estar dous anos facendo recados!-aclarou Tomás. 

-Grazas, moitas grazas! ¿pero onde deixo os pinoguais?

-¡Son para ti, e cada vez que queiras ir ao bosque poderás usalos e conseguir máis facendo recados!-dixo Tomás.

          Xosé marchou para a casace aprendeu unha leción volverlle tirar pedras aos animais.

                  

08/01/2008 GMT 1

Xaquin Marin

rsegade @ 13:29

explorar0001.jpg

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis