Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Pequenos Xornalistas

Arquivo: Maio 2007

31/05/2007 GMT 1

Algúns museos

rsegade @ 09:23

Os museos acollen unha parte moi importante das artes: pintura, escultura, traxes...

Visitalos require tempo e cartos. Hoxe podemos visitalos de maneira virtual. Estou de acordo en que non é igual pero algo é algo. Ver a obra dos teus artistas preferidos sen moverte dunha cadeira ten o seu aquel. Aquí tes algúns deles:

Museo do Prado

Museo Reina Sofía

Museo do Louvre

National Gallery

Hermitage

Arte Moderno de Nova Iorque

Vaticano

Guggenheim de Bilbao

Museo Impresionista de Orsay (París)

30/05/2007 GMT 1

Matemágicas

rsegade @ 11:56

Se queres pasalo ben, amén de aprender cousas interesantes, podes premer aquí

Sorbete de fresas

rsegade @ 11:14

Anímate, ti tamén podes facelo.

amorodos.jpg

25/05/2007 GMT 1

Coplas Populares

araca @ 13:18

Esta noite fun ao muíño
cun fato de nenas novas;
elas todas en camisa,
eu no medio en cirolas.

O muíño, teina, teina,
a auga faino teinar,
a filla do muiñeiro
rabea por se casar.

Cásome contigo, vello,
e se me fas un recibo
que se non me morres hoxe,
mañá entérrote vivo.

Ao tocar a pandeireta
xa gañei cinco reás,
agora xa gañei cartos
para comprar un rapaz

Parrafeo de dous namorados

braisvr @ 12:21

Diante destes señores
e desta xente de ben
quixera eu preguntar:
¿”este galán a que vén”?

A que vén eu cho direi,
non che negarei verdade,
vénche por pasar a noite
que é tempo de mocidade.

A resposta xa está dada,
mozo que tan ben a deches,
se non sabes o camiño
volve por onde viñeches.

O camiño ben o sei
xa o vexo dende aquí.
Só quixera eu levar
esta rosa ó par de min.

A rosa non levarás
nin tan vela quererás
por causa do río noso
nin a man lle poñerás.

Por causa do río noso
nin a man lle poñerei
pero casarme con ela
de grande gusto o farei.

¡Ai, galán, por vida túa.
ai, galán, por vida túa!
Esta rosa na roseira
antes doutro que non túa.

¡Adeus, miña pequeniña!
que tocan a recoller,
se che quedan soidades,
por aquí hei de volver.

Non me quedan as soidades
nin ganiñas de te ver,
hora boa, hora mala,
non tes a que volver.

Hora boa, hora mala,
a min moito me agradou,
hora boa vas mandar
ao corral que te criou.

O corral que me criou
a ti non che debe nada,
se fora que che debera
moi correndo che pagara.

Ti es moi abundante,
a teus pais nada lles sobra,
como es tan boa moza
non falta quen te socorra.

Anque non son boa moza,
de guapos son pretendida.
¡Ándate ti, o bo mozo,
de que che terei envidia !

(Recollido na zona de Santiago)

Máis Coplas

rubengs @ 12:17

Eu casei aló abaixo,
na terra dos maragatos
e tocoume unha muller
toda roída dos ratos.

Eu casei con cara moura
porque tiña moito gando,
o gando foi morrendo
e cara moura quedando.

Eu casei cunha nena
porque ela cantaba ben;
agora morro de fame,
o cantar non me mantén.

Dan lástima os miuñeiros
que choran tódolos días
co medo de ir ao inferno
por encher mal as medidas.

14/05/2007 GMT 1

Afán por mellorar

rsegade @ 10:44

sanwala.JPGO día 9 deste mes de maio, tres compañeiras (Fátima. Carmen e Aurora) e tres homes (José Carlos, Fernando e un servidor) partimos a media tarde dende Alvedro cara Andalucía.

O obxectivo era visitar dous colexios desta Comunidade para coñecer e compartir experiencias en Técnicas de Información e Comunicación. Eran, segundo Fernando -Coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos- os que nos podían ofrecer interese pola forma de facer ensino.

Despois de cambiar avión en Madrid, chegamos a Sevilla de noite e seguimos ata Huelva por estrada.

Ao día seguinte, 10 de maio, visitamos o centro educativo San Walabonso, ubicado na poboación onubense de Niebla, famosa na Reconquista. Aínda conserva un enorme castelo. Tamén se pode ver unha ponte romana. Técnicos da NASA analizan o terreo desta lugar porque parece ser que é o máis parecido á superficie de Martepatio.JPG

O centro ten arredor de 400 Alumnos e Alumnas cun Equipo Directivo entusiasta das TIC. O Xefe de Estudos, Fernando,vive esta forma de ensino con verdadeira tolemia. Os nenos son moi traballadores, silentes, cariñosos. Fan proxectos dignos de alabanza. Todo a Claustro participa. Mereceu a pena velos e disfrutar da súa hospitalidade e forma de traballar. O traballo que fixeron sobre o Quixote pode calificarse de abraiante.¡Grazas, San Walabonso!

O día 11, venres, fomos a outro colexio público, Menéndez Pelayo, de Valverde del Camino, tamén da provincia de Huelva. O proxecto que desenvolven aquí é menos novedoso pero tamén moi interesante e cheo de esforzos. Tódolos Mestres e Mestras traballan nel e están orgullosos do que fan. María -Xefa de Estudos- é a alma mater da tecnoloxía neste colexio. O Director é o defensor máis destacado ainda que se xubile este mesmo ano.

marav.JPGNos dous centros teñen un problema importante:  a pantalla incrustada na mesa. O Alumnado séntese engaiolado. Hai un ordenador para cada dous alumnos.

Despois de pasar horas en caravanas de coches baixo un sol de xustiza e pasar moito tempo no aeroporto de Sevilla, saídos rumbo a Coruña sendo xa noite e aterrando moi tarde. Aproveitamos o paso por Sevilla para traer recordos dos musulmáns, coma estas fotos dos "Reales Alcázares" porque estamos estudando algo da súa estadía en Andalucía.

¡Un aturuxo por estes centros andaluces que teñen moito do que estar orgullosos!

07/05/2007 GMT 1

Ciudad flotante

rsegade @ 11:20

century.jpg

Uno de los trasatlánticos más grandes del mundo visitó ayer la ciudad
06/05/2007 | A Coruña
La embarcación mide casi 300 metros y cuenta con 14 alturas con distintos ambientes
Casi dos mil pasajeros desembarcaron para realizar una visita por el centro de la urbe

| La Voz | A Coruña

El Century, un gran trasatlántico que realiza cruceros a lo largo del Atlántico, visitó ayer la ciudad. La embarcación de casi 300 metros de eslora, cuenta con 14 cubiertas distintas plagadas de lujosos restaurantes, casino, bares con piano y salones enmoquetados.
Ayer por la tarde, durante su visita a A Coruña, la mayoría de sus 1.800 pasajeros realizaron una breve visita por la ciudad. Otros prefirieron quedarse a bordo para disfrutar de la tranquilidad del silencio durante unas horas. Incluso alguno optó por caminar en la cinta del gimnasio mientras observaba la Marina desde la décima planta de esta fortaleza flotante.
El crucero cuenta con innumerables espectáculos y actividades de ocio para amenizar las horas de travesía. Además del lujoso centro comercial, el casino y sus incontables maquinas de apuestas son el reclamo más solicitado.
Para abastecer a esta demanda de ocio precocinado, 850 empleados de 70 nacionalidades distintas trabajan en turnos de 10 horas. Éstos, que se albergan en la planta tercera de la embarcación, viven al margen del mundo de lujo y ocio que disfruta el resto del pasaje.
Hoy visitan A Coruña dos trasatlánticos más. Aunque de menor tamaño que el Century, el Fram y el Island Sky traerán un gran número de visitantes que se harán notar mañana desde primera hora de la mañana y a lo largo de todo el día en las calles de la ciudad.

Comunidad Educativa de Arteixo

rsegade @ 10:03

Arteixo inaugura un centro puntero para el desarrollo de la comunidad educativa
05/05/2007 | Sociedad
Dolores Vázquez | A Coruña

Un inmueble de diseño de más de 2.000 metros cuadrados es la apuesta impulsada por la Fundación Amancio Ortega para acoger el Centro para el Desarrollo de la Comunidad Educativa de Arteixo, inaugurado ayer en Sabón. Desde este recinto, en el que se invirtieron 10 millones de euros, se pretende impulsar iniciativas, con salas de formación, espacios destinados al desarrollo de proyectos, un área de exposiciones y un auditorio para 72 personas. Es el segundo proyecto de la fundación, que defiende que la «educación ni empieza ni acaba en las aulas», tras el uso de ordenadores portátiles en las clases.
El patrono de la entidad y consejero delegado de Inditex, Pablo Isla, apuntó que «simboliza un puente entre la escuela y la sociedad» y defendió las inversiones en educación y la apuesta por las nuevas tecnologías. El conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, calificó de singular el objeto social de la fundación, teniendo en cuenta que «los beneficios en la educación tienen un retorno lento», y consideró necesario continuar aprendiendo de la «experiencia de liderazgo empresarial», durante un acto presidido por la vicepresidenta de la Fundación, Flora Pérez Marcote. El alcalde, Manuel Pose, auguró que Arteixo se convertirá «nunha nova Irlanda da tecnoloxía».
(La Voz de Galicia)

04/05/2007 GMT 1

Quito Manchas

xiannr @ 12:44

1. Pegadas de dedos: algodón e leite tibio (refregar cun algodón empapado de leite tibio).

2. Queimadura de cigarro: auga oxisinada rebaixada co auga do billa (decolorear a zoa estragada)

3. Chicle pegado: cubiño de xeo, coitelo e disolvente (primeiro aplicar o xeo e despois eliminar o mais posible co coitelo e por último botar disolvente)

4. Rabuñadas: allo (frota a zoa cos dentes de allo)

5. O viño tinto: viño branco e auga (limpar co viño branco e a auga)

6.Bolígrafo: lac de pelo, auga e vinagre(hai que rociar enriba abundante laca, deixar secar e cepillar suavemente cunha solución de auga e vinagre)

7.Pintura nos enchufes e interruptores: fregapratos (lavabo no fregapratos)

02/05/2007 GMT 1

O disfrace

saragp @ 09:23

 Do meu vello pantalónpantalon_verde1.gif

non conservo nin o peto;

era de color marrón,

 con el disfrazo o meu neto.

O Pinchazo

noeliafl @ 09:16

 

motocicleta.jpg

Non estaba ben a roda,

era da motocicleta

e pinchóuselle ao poeta

o día da súa voda

 

 

 

 

 

 

 

A lúa

xiannr @ 09:09

luna.jpg               Camiñaba pola rúa

ollando cara unha estrela,

na man levaba unha vela

cando apareceu a lúa.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis